Pasar al contenido principal

A Área de Deportes da USC organiza para o presente mes dúas rutas de sendeirismo

A Área de Deportes, pertencente á Vicerreitoría de Cultura da USC, ten previstas para o presente mes de maio dúas rutas de sendeirismo que transitarán polos concellos de Cuntis e Sobrado dos Monxes.
O primeiro dos percorridos realizarase o sábado, día 9, cunha lonxitude de 24 quilómetros, desnivel medio e unha dificultade media-alta. A seguinte sesión, prevista para o sábado 30, consistirá en camiñar 18 quilómetros de desnivel baixo e dificultade media-baixa.
En ambos os dous percorridos, as persoas interesadas poderán inscribirse ata o mércores anterior ao día da rota, concretamente os días 9 e 27. Os membros da comunidade universitaria e os ex estudantes deberán aboar quince euros en concepto de inscrición mentres que o prezo para o persoal alleo á USC é de vinte euros.
As saídas realizaranse dende as instalacións da Piscina Universitaria no Campus Sur ás 9:00 horas, tendo previsto o regreso a Santiago ao redor das 19:30 horas. Ademais, o mércores anterior a cada ruta celebrarase unha xuntanza ás 20:00 horas nas oficinas da Área de Deportes, tamén na Piscina Universitaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.06.2007.