Pasar al contenido principal

As VI Xornadas de Historia da Educación comezan este martes na Casa do Concello de Foz

CURSOS DE VERÁN USC 2007

A sexta edición das ‘Xornadas de Historia da Educación. A formación do profesorado. Unha ollada ao pasado para comprender as reformas presentes’ desenvolveranse na Casa do Concello de Foz entre os días 17 e 21 de xullo, organizadas pola USC dentro da sua programación de cursos de verán. Nun total de 35 horas lectivas, analizaranse temas como o Espazo Europeo de Educación Superior, a historia das escolas normais, os Cursos de Aptitude Pedagóxica, as dificultades coas que se atopan os profesores ou as reformas nos planos de formación dos mestres, entre outros.
As xornadas comezan este martes 17, ás 11:30 horas, coa intervención do catedrático de Psicoloxía Evolutiva da Universidade Autónoma de Madrid Antonio F. Maldonado Rico quen disertará sobre o Espazo Europeo de Educación Superior e a actual formación de profesores.
Pola tarde, ás 16:30 horas, o catedrático de Historia da Educación da Universidade Complutense Julio Ruíz Berrio falará sobre ‘Os comezos da formación regulada dos mestres’ e rematará a xornada o catedrático de Historia da Educación da Universidade de Alcalá de Henares Antonio Molero Pintado recordando as escolas normais entre 1839 e 1936.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.07.2007.