Senén Barro recibiu en San Xerome ao reitor fundador do Sistema de Universidades Estatales de Oaxaca

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, recibiu este luns no seu despacho de San Xerome ao seu homólogo fundador das institucións públicas mexicanas de educación superior que conforman o Sistema de Universidades Estatales de Oaxaca (SUNEO), Modesto Seara.
O SUNEO intégrano a Universidad Tecnológica de la Mixteca, Universidad del Mar, Universidad del Istmo, Universidad de la Sierra Sur, Universidad de la Sierra Juárez, Universidad del Papaloapan e a Universidad de la Cañada.
Modesto Seara, presidente de honra da Asociación Mexicana de Estudos Internacionais, é ademais profesor de Dereito Internacional e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma Nacional de México.