Pasar al contenido principal

Abraham Boba actúa este martes no Parque Rosalía de Lugo dentro do programa 'Entre lusco e fusco'

Abraham Boba actuará este martes, día 17, ás 20:30 horas no parque Rosalía de Castro de Lugo, dentro do programa de Lugo Cultural ‘Entre lusco e fusco’ que pretende recuperar espazos da cidade para a organización de concertos ao aire libre. O intérprete fusionará historias melancólicas con jazz lixeiro e ritmos de cabaret no segundo dos concertos desta iniciativa.
As actuacións continuarán os días 19 e 26 coa quenda de Marful e Narf, respectivamente, pero neste caso no Auditorio Aberto do Campus.
PegadasPor outra banda, este martes 17 remata o prazo para apuntarse á primeira das rutas pegadas que organiza Lugo Cultural para o vindeiro luns 23. Neste caso, o percorrido transcurrerá polo paseo do Miño guiado por Lois Diéguez, rematando cunha chocolatada con produtos de comercio xusto e cunha foliada. Os interesados poden inscribirse na Oficina de Cultura da Vicerreitoría do Campus de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.07.2007.