Pasar al contenido principal

A Aula de Produtos Lácteos dará coñecer os beneficios do leite co proxecto 'Máis leite, máis saúde'

O director da APL, Juan Méndez e a encargada do proxecto Mª Paz Fernández-Albalat
O director da APL, Juan Méndez e a encargada do proxecto Mª Paz Fernández-Albalat

O proxecto ‘Máis leite, máis saúde’, que foi presentado este xoves 12 na Aula de Produtos Lácteos (APL) do Campus de Lugo, dará a coñecer os beneficios dos produtos derivados do leite. Esta iniciativa, enmarcada nos obradoiros que se desenvolven na APL, pretenderá achegar o consumidor ao sector lácteo para que coñeza de xeito fiable os beneficios do leite e os seus derivados.
Con esta intención elaborarase diverso material técnico impreso e electrónico coa información científica sobre a importancia dos produtos lácteos na saúde humana, especificando a súa función durante a infancia ou para previr a obesidade e outras patoloxías. O programa inclúe tamén actividades para a difusión de estudos clínicos, o intercambio de experiencias e a elaboración de material específico para o colectivo médico.
Como plataformas para a distribución da información crearase un portal web e un CD interactivo referido aos lácteos e á saúde e adaptado ás diferentes idades dos consumidores. Tamén está prevista a creación de vídeos para a súa difusión entre escolares e adultos. Os pequenos de infantil e primaria poderán gozar dun xogo para o ordenador que os formará no relacionado coas vantaxes de tomar leite, almorzar de xeito saudable e manter unha alimentación adecuada.
Ademais das actividades anteriores a APL organiza diferentes xornadas formativas e divulgativas nas súas instalacións ao longo de todo o ano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.07.2007.