Pasar al contenido principal

O xurado do IX Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica fai público o seu ditame este xoves

O gañador coñecerase publicamente ás 13:00 horas no Colexio de San Xerome

O xurado do IX Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica reunirase este xoves, día 26 de xullo, no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Con posterioridade a esta xuntanza, darase a coñecer o traballo gañador nunha roda de prensa a celebrar ás 13:00 horas e na que participarán o presidente do xurado, o catedrático e membro da RAE Darío Villanueva, e o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres.
O Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica, organizado pola Universidade de Santiago xunto co Concello de Ribadeo e o Grupo Voz, tenta dar a coñecer a mellor das obras de filoloxía realizadas por investigadores novos sobre os eidos que cultivou Dámaso Alonso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.07.2007.