Presentación do IX Congreso Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo
A Universidade de Santiago acollerá a finais de ano o IX Congreso Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que se presentará en roda de prensa este venres, día 27, ás 18:00 horas na sede do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
Na presentación participarán o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo, e os directores xerais de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez. Asiste tamén o delegado rexional do Norte do Instituto do Emprego e Formação Profissional de Portugal, Avelino Leite.