Pasar al contenido principal

As xornadas de Manexo e Nutrición Porcina de Veterinaria rematan con relatorios sobre patoloxías dixestivas

As xornadas sobre manexo e nutrición porcina que se están a celebrar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo rematan este venres, día 21, con relatorios sobre desordes e patoloxías dixestivas.
O programa comeza ás 9:15 horas coa intervención do profesor da Universidade Politécnica de Madrid, Carlos de Blas Beorlegui, quen falará sobre os sistemas de valoración nutritiva e as necesidades en porcino, seguido pola especialista do Institut de Recarca i Tecnologia Agroalimentaria, Rosí Lizardo, que discutirá as vantaxes e inconvenientes da alimentación líquida e sólida.
Ás 11:30 horas terá lugar o relatorio do representante da asesoría integral Optimal Pork Production, Ignasi Riu, títulado ‘Manexo da alimentación e desordes dixestivas’. A continuación, Enric Marco, de M&C Consulting-Barcelona, explicará a patoloxía das úlceras, e a xornada rematará cunha mesa redonda na que se debaterá de xeito xeral sobre a alimentación e a patoloxía na produción porcina.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.09.2007.