Pasar al contenido principal

A Fundación CEER abre o prazo de inscrición no curso virtual Planificación estratéxica municipal e marketing territorial

A Fundación CEER, a través do seu portal web Campus Virtual, mantén aberto o prazo de inscrición no curso ‘Planificación estratéxica municipal e marketing territorial’, financiado pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria.
Para o curso, impartido de xeito virtual cunha extensión de 50 horas, ofértanse 50 prazas dirixidas á comunidade universitaria de Galicia e o norte de Portugal así como a aquelas persoas que desenvolvan unha actividade profesional nunha estrutura empresarial con algunha responsabilidade, directa ou indirecta, nos procesos de toma de decisións.
Trátase co curso de profundar na relevancia e explicar as ferramentas dispoñibles para a planificación estratéxica e o desenvolvemento territorial no ámbito da Sociedade da Información.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.09.2007.