Pasar al contenido principal

Potenciar a relación entre o mundo académico e o entorno das finanzas, obxecto dun foro a celebrar este venres en Santiago

Expertos de empresas e institucións nacionais e internacionais relacionadas co entorno financeiro e investigadores de prestixio do mundo académico participarán o vindeiro venres, día 6, no Foro de Finanzas Cuantitativas FC-2007. O encontro, que se desenvolverá no edificio da Fundación Caixa Galicia en Santiago a partir das 10:00 horas, trata de potenciar a relación entre o mundo académico e o entorno das finanzas.
O evento estará estruturado en conferencias de media hora de duración nas que os expertos ofrecerán a súa visión sobre como promover a interacción entre as matemáticas, a estatística e as empresas ou centros de investigación financeira; como son actualmente as colaboracións existentes e a formulación de propostas de cooperación futuras entre o mundo académico e o financeiro e, por último, como atraer aos investigadores matemáticos en formación ao campo das finanzas cuantitativas.
O foro é unha actividade deseñada dende o nodo CESGA en Galicia, dentro do proxecto nacional ‘Ingenio Mathematica’ (i-MATH) correspondente ao plan Consolider do Ministerio de Educación, que nesta ocasión está co organizado polas tres universidades galegas e coordinado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC. A actividade conta, ademais, co financiamento adicional da Fundación Caixa Galicia e a Rede Temática Mathematica Consulting & Computing de Galicia, da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
Investigación matemática no campo das finanzasEste tipo de foros, que se veñen organizando dende o nodo CESGA sucesivamente ao longo deste ano en Galicia, teñen como misión fundamental acadar un mellor encaixe entre a investigación matemática e campos de interese, como neste caso, o mundo das finanzas, e en particular as finanzas cuantitativas. É esta unha área de máximo interese estratéxico en xeral para a economía da sociedade, e en particular para as empresas, banca ou axencias de seguros, existindo unha gran necesidade do seu desenvolvemento en distintos campos da matemática como a teoría da probabilidade, a estatística, a resolución numérica de ecuacións diferenciais e o cálculo estocástico, ademais das lóxicas conexións coa economía financeira.
O mundo das finanzas cuantitativas representa tamén actualmente un novo e atractivo campo para a contratación de titulados universitarios, cunha demanda masiva en Europa, esixíndoselles especialmente aos candidatos nos últimos anos unha forte formación matemática e estatística.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2007.