Pasar al contenido principal

Curso

Introdución á computación cuántica

Luns 20 ás 17.00 horas

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
Santiago

O IGFAE impulsa este curso que se desenvolverá dende o 20 ata 23 de xaneiro en horario de 17.00 a 20.00 horas

Cartel do curso
Cartel do curso

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) impulsa un curso sobre a introdución aos conceptos básicos da computación cuántica. Un abondoso conxunto de exercicios permitirá adquirir habilidade suficiente para desenvolver os seus propios algoritmos e circuítos cuánticos. O curso terá lugar no IGFAE desde o 20 ata 23 de xaneiro de 2020 e está destinado a investigadores, profesores, profesionais do CIT e estudantes.

“A computación cuántica está a converterse nunha alternativa viable para problemas de alta complexidade, demasiado difícil de abordar na computación clásica, con aceleración ou sen. Recentemente, Google demostrou que hai problemas particulares que se poden resolver de forma eficiente nun ordenador cuántico mentres que na computación clásica demanda recursos prohibitivos”, apuntan dende a organización.

A computación cuántica representa un cambio importante de paradigma, onde o concepto de bit transfórmase nun bit cuántico, ou qubit, que ofrece unha enorme capacidade de almacenamento e procesamento de información. As inscrición poden formalizarse a través desta ligazón e desenvolverase en horario de 17.00 a 20.00 horas. Os materiais do curso, incluíndo presentación e exercicios, estarán dispoñibles para a súa descarga o mesmo día do inicio do curso. O curso está organizado polo IGFAE coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2020.