Venres, 10 de xaneiro, ás 13.00 horas
Ana Gude Fernández, profesora de Dereito Constitucional, foi elixida para o cargo o pasado 11 de novembro
Con anterioridade a esta nova responsabilidade, a profesora Gude xa ocupara diversas tarefas de xestión na Facultade como vicedecana de Organización Académica, así como de secretaria e directora do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado, en etapas sucesivas.
Ana Mª Gude imparte docencia das materias ‘Dereito constitucional. Órganos do estado democrático’ e Dereitos constitucionais e liberdades públicas’. No ámbito da investigación forma parte do grupo de Dereito e cidadanía e as súa liña de traballo neste eido céntrase no Dereito parlamentario e nos dereitos fundamentais.