Os ensaios realízanse na Igrexa da Universidade ata finais de maio, os luns e xoves de 21.00 a 22.30 horas

A Igrexa da Universidade acollerá o vindeiro martes 28, a partir das 20.30 horas, a proba de admisión de voces do coro universitario da USC. Esta iniciativa está aberta a toda a comunidade universitaria, así como a afeccionados á música e amantes do canto en xeral.
A formación inicial coral que recibirá o alumnado consiste en elementos básicos de lectura musical para un corista, elementos básicos de técnica vocal como relaxación, respiración, resonancia ou articulación; así como a comprensión do proceso da interpretación artística a través da voz e do conxunto coral en diferentes formacións, ámbitos e estilos.