Pasar al contenido principal

Exposición

'Compro, vendo, cambio' de María X. Fernández

Luns, 20 de xaneiro, ás 20.00 horas

Igrexa da Universidade
Santiago

Imaxe do cartel da exposición
Imaxe do cartel da exposición

A mostra é afluente do proxecto ‘Río’ que se desenvolve a partir dunha colección de fotografías de fichas de escolares galegos da posguerra e que se iniciou no Vello Cárcere de Lugo para continuar no Pazo Torrado de Cambados e diferentes partes mostráronse no Museu dos Terceiros en Portugal e en IO Deposito en Italia.

En ‘Río’ abórdanse dende unha perspectiva artística as consecuencias da Guerra Civil na xeración que medrou á súa sombra. Nela analízanse, coa colaboración dunha psicóloga, as expresións dos rostros para tentar indagar na situación emocional que xeraron a Guerra Civil e a ditadura; induce reflexións referentes a que é e como se constrúe unha persoa, que aparecen e se reflexan como nun calidoscopio.

Catro instalacións son as claves desta mostra: Orixe, Río, Eixo cartesiano e Unus mundus. Nas primeiras clasifícanse as expresións dos diferentes rostros, aplicándolle os valores emocionais da cor ou ordenados nun eixo cartesiano, mentres que Unus Mundus é unha homenaxe póstuma ao neno que deu título á mostra, Francisco Latorre Eced. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2025.