Venres 24 de xaneiro, ás 19.00 horas
Colexio de Fonseca
Organizan, xunto á USC, a Comunidade Xudía de Galicia, a Asociación de Amizade con Israel
A USC conxuntamente coa Comunidade Xudía de Galicia e a Asociación de Amizade con Israel impulsa a conmemoración do Día do Holocausto. O acto terá lugar este venres 24, ás 19.00 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
A sesión dará comezo cunhas palabras dos representantes das entidades organizadoras para, a continuación, proceder á proxección do filme 'SHKID. Unha homenaxe aos nenos de Terezín'. Esta película está dirixida por Fernando Cortizo, baixo a produción de Isabel Rey.