Pasar al contenido principal

XIII Congreso Hispano-Portugués sobre Liberación Controlada de Fármacos

Mércores 22, ás 14.00 horas

A Controlled Release Society (CRS), a sociedade científica máis relevante a nivel mundial na área da liberación controlada de fármacos, celebra o 25 aniversario da súa fundación cun congreso que achega a Santiago dende este mércores aos referentes mundiais da investigación en nanomedicina e sistemas de liberación de fármacos.

A primeira conferencia plenaria correrá a cargo de Alexander Florence
A primeira conferencia plenaria correrá a cargo de Alexander Florence

A liberación controlada e dirixida de fármacos, o desenvolvemento de terapias combinadas, os avances de liberación de fármacos por vía oral,  transdérmica ou a través das  mucosas, e a aplicación destes avances en medicina  rexenerativa e terapia celular, no tratamento e prevención de enfermidades, serán algúns dos temas para tratar neste congreso.

O salón de actos da Facultade de Medicina acollerá este mércores 22, ás 14.00 horas, o acto inaugural no que tomarán parte o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce; o decano da Facultade de Farmacia, Francisco Otero Espinar; así como as profesoras da USC Dolores Torres e María José Alonso. A continuación, terá lugar a primeira conferencia plenaria a cargo de Alexander Florence, profesor emérito do  University  College  de Londres e un dos pioneiros da  nanomedicina a nivel mundial, que presentará unha análise histórica da evolución da ciencia neste campo. O congreso estenderase ata o vindeiro venres 24 de xaneiro. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2020.