Pasar al contenido principal

I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

Sábado 25, ás 10.00 horas

Biblioteca Concepción Arenal
Santiago

Esta iniciativa ten como obxectivo a reflexión sobre o proceso e o mercado da tradución literaria en Galicia e en galego a partir da lingua e cultura alemá

O evento terá lugar na Biblioteca Concepción Arenal
O evento terá lugar na Biblioteca Concepción Arenal

A Asociación Galega de Xermanistas en colaboración coa USC e a UVigo celebrará o vindeiro sábado 25 de xaneiro a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego. Nela participarán investigadoras e profesionais da tradución cunha ampla traxectoria neste eido, alén de celebrarse un obradoiro práctico de tradución de literatura infantil e xuvenil e unha mesa redonda onde con editoriais galegas, así como editoras especializadas en tradución de narrativa universal. 

A xornada ten como obxectivo a reflexión sobre o proceso e o mercado da tradución literaria en Galicia e en galego a partir da lingua e cultura alemá. Nesta primeira edición preténdese ofrecer unha visión do estado actual da tradución de literatura alemá ao galego e reflexionar sobre o proceso da tradución. Outro dos seus obxectivos é visibilizar, recoñecer e impulsar o labor tradutolóxico en galego.

O evento terá lugar na Biblioteca Concepción Arenal a partir das 10.00 horas e conta co apoio da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación e do Servizo Austríaco de Intercambio.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.01.2020.