Rúa do Vilar, 19
A profesora da Universidade de Barcelona Anna Caballé, trata nos 'Luns do Ateneo' os trazos biográficos dunha das pensadoras máis importantes do século XIX

A profesora titular de Literatura Española da Universidade de Barcelona Anna Caballé ofrece este luns, a partir das 20.00 horas, no número 19 da compostelá Rúa do Vilar, o relatorio ‘Concepción Arenal, unha mística da virtude?’. Esta nova sesión dos ‘Luns do Ateneo’ está incluída na programación de actividades promovida, de xeito conxunto e co gallo da celebración do bicentenario do nacemento desta polifacética ferrolá, por USC, Xunta de Galicia, Ateneo de Santiago e Concello de Santiago.
A profesora Anna Caballé, que tamén é escritora e crítica literaria vén de recibir en 2019 o Premio Nacional de Historia de España pola obra ‘Concepción Arenal. A camiñante e a súa sombra’. Daquela, na súa intervención, Caballé afondará nos trazos biográficos de Concepción Arenal, unha das pensadoras máis avanzadas e importantes do século XIX e que dedicou a súa vida á defensa da muller, á reforma penal e, entre outros cometidos, á causa obreira.