Pasar al contenido principal

Mostra

'Rastro Material. Mal de arquivo'

Luns 3, ás 20.00 horas

Claustro alto do Colexio de Fonseca
Santiago

A profesora de Belas Artes Silvia García González é a comisaria dunha exposición que aborda “a difícil tarefa da escolla manexando os nosos arquivos persoais”

"Mal de arquivo alude a dificil tarefa da escolla", sinala Silvia García González
"Mal de arquivo alude a dificil tarefa da escolla", sinala Silvia García González

A acumulación de papeis pode converterse en collages tridimensionais, en pequenos cadernos ou libros de artista, construídos a partir de fotocopias, recortes de prensa, listas e apuntes de clase. Este é o punto de partida de ‘Rastro Material. Mal de Arquivo’, unha reconstrución que intenta ofrecer unha relectura das pegadas materiais que as persoas deixan tras de si. A mostra inaugúrase o luns 3 de febreiro, ás 20.00 horas, no Claustro alto do Colexio de Fonseca.

No acto inaugural tomarán parte Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC; e Silvia García González, comisaria da exposición e profesora na Facultade de Belas Artes da UVigo en Pontevedra. “Que papeis gardamos? Notas, listas, papeliños, todo ese material efémero fala de nós”, apunta García González. “Mal de arquivo alude a difícil tarefa da escolla, manexando os nosos arquivos persoais ou familiares, intentando ordenar a acumulación que xorde da curiosidade, da necesidade de gardar que se opón á visión práctica do papel que ocupa un valioso espazo”, sinala.

Silvia García González (Cangas do Morrazo, 1973) é doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Durante sete años traballou no Centro Galego de Arte Contemporánea no departamento de actividades. Actualmente é profesora na Facultade de Belas Artes. A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 28 de febreiro en horario de 11.00 a 20.00 horas. 
 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.01.2020.