Antonio López participou nas primeiras Xornadas de reitores e reitoras
O reitor Antonio López participou estes días na Universidade de Castela A Mancha nas primeiras Xornadas de reitores e reitoras, encontro no que se debateu sobre os eixes fundamentais da Universidade para a próxima década. Os grupos de traballo designados abordaron os principais retos desta institución, as misións a acometer e as preocupacións transversais dende as que enfocalos.
O obxectivo de CRUE Universidades é que este encontro se celebre anualmente e enmárcao nun proxecto de maior alcance, o Foro Universidade 2030, un proxecto “de Universidade de futuro, aberto á sociedade”. O financiamento, a gobernanza e o persoal definíronse nestas primeiras xornadas como os tres grandes retos para a Universidade 2030, mentres que no capítulo das misións destacarían o estudos, a investigación e a transferencia. Tanto estas últimas como os retos foron tratados dende os catro enfoques transversais identificados como prioritarios: igualdade, internacionalización, sustentabilidade e transformación dixital.
No marco destas primeiras xornadas, CRUE celebrou tamén a súa primeira Asemblea Xeral de 2020, na que a orde do día estivo centrada na estratexia de internacionalización das universidades españolas e a negociación coas grandes editoriais de revistas científicas.