A conselleira delegada do Grupo Leche Río, Carmen Lence Ferreiro, ofrece un relatorio este venres 14 na Facultade de ADE do Campus de Lugo

A conselleira delegada do Grupo Leche Río, Carmen Lence Ferreiro, ofrecerá este venres, a partir das 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, unha charla baixo o título ‘A disciplina de enfrontarse á realidade como clave do éxito persoal e profesional’.
A sesión académica que terá como protagonista a Carmen Lence Ferreiro está promovida pola Facultade de Administración e Dirección de Empresas, que conta nesta ocasión coa colaboración da Cátedra de Empresa Familiar da USC e tamén da Comisión de Xénero do centro universitario lugués