Pasar al contenido principal

Performance

‘Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov’

Xoves, 13 de febreiro, ás 21.00 horas

As actrices e artistas plásticas con María Roja e María Chiginskaya abren os 'Xoves de Moda' do Lugo Cultural cun un exercicio de rescate da memoria orgánica, debedor das nosas tradicións oral e física

María Roja, en primeiro plano, e María Chiginskaya
María Roja, en primeiro plano, e María Chiginskaya

A actriz e artista plástica María Roja presenta este xoves 13 de febreiro, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a performance ‘Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov’, unha creación propia en cuxa interpretación tamén participa María Chiginskaya. Esta peza servirá de sesión de apertura do ciclo ‘Xoves de Moda’, unha das iniciativas artística programadas ao abeiro do Convenio Lugo Cultural, que conta con apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

‘Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov’ é unha acción na que se propón unha sorte de visita guiada ao rexistro que do texto permaneceu nas performers de xeito natural, entretecido con acontecementos persoais íntimos e eventos históricos de certa relevancia xustapostos no tempo a dita escoita/lectura.

A través dun inventario narrativo e formal descontinuo, desbótase a reconstrución fiel do relato textual en favor da implicación física do corpo e do contexto no acto de recordar. De feito, esta creación, baseada no texto orixinal da novela de Vladimir Nabokov titulada ‘Ada ou o ardor’ pretende ser un exercicio de rescate da memoria orgánica, debedor das nosas tradicións oral e física. A entrada para presenciar este espectáculo e libre e de balde ata completar o aforo.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.02.2020.