Xoves 27 de febreiro, ás 09.00 horas
Xornada de presentación de software con licenza libre para uso científico. Organizada pola Asociación MeLiSA

O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico. A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA) e conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. O acceso é libre e a inscrición é de balde.
O programa completo da que supón a terceira edición desta iniciativa pode consultarse na web do congreso.