Pasar al contenido principal

Conferencia

'A utilidade da historia na cooperación ao desenvolvemento'

27.02.2020 | 12.00h

Santiago
Aula Máster de Historia Contemporánea

O economista José Antonio Serrano Álvarez ofrecerá esta conferencia como parte do ciclo de Seminarios de HISTAGRA (Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC)

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

José Antonio Serrano Álvarez é Licenciado en Historia Contemporánea e doutor en Historia Económica cunha tese sobre os comunais na provincia de León entre 1850 e 1936, titulado 'La pervivencia del comunal en la transición a una economía capitalista, León (1800-1936)'.

Actualmente traballa como consultor no sector da cooperación ao desenvolvemento. Ten realizado varias publicacións sobre comunais na provincia de León, e en 2005 gañou o Premio da SEHA. Foi profesor da UOC, da UB e da UC3.

Entre os seus traballos destacan 'Forestry conflict in Spain: Rethinking peasant protest and resistance', 'Commons and poor relief in preindustrial societies. A case study on northwest Spain (León), 1850–1950' ou 'Reviviendo el sueño de varias generaciones: comunales y reforma agraria en la provincia de León durante la II República (1931-1936)'.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2020.