Pasar al contenido principal

Concerto

WöYZA presenta 'Tábula Rasa' en concerto no Círculo das Artes de Lugo no ciclo Lubicán

Xoves, 27 de febreiro, ás 21.00 horas. Círculo das Artes de Lugo

Círculo das Artes (Lugo)

A actuación, incluída na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, comeza ás 21.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

WöYZA
WöYZA

A cantante, letrista e considerada no seu día como a raíña do hip hop galego WöYZA, presenta este xoves, a partir das 21.00 horas, o seu último traballo ‘Tábula Rasa’ nun concerto ao vivo programado no marco do ciclo Lubicán, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe apoio económico da USC, Deputación de Lugo e e Concello de Lugo. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

Trala publicación do  álbum ‘Pelea’, e despois da configuración feminina da súa banda en directo, e logo da participación en festivais e eventos especiais en España, México, Alemaña e Nova York, Wöyza volve pisando forte co EP ‘Tábula rasa’.

“Segando un corte limpo e Tábula rasa”, segundo se expresa a cantante e compositora WöYZA no seu último traballo,  no que o seu estilo persoal  e a súa voz única e  desgarradora dan poder a cada palabra e cada melodía. WöYZA constrúe letras cheas de significado e que favorecen a conexión co público.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.02.2020.