03.03.2020 | 11.00h
Con motivo do Día Internacional da Muller, celebrarase este martes un acto de homenaxe ao que asistirán as súas netas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) recoñece a transcendencia para a enxeñaría informática do labor de Ángela Ruiz Robles (Villamanín. León, 1895 – Ferrol, 1975), unha mestra cunha longa traxectoria inventiva na que destaca a creación da enciclopedia electrónica, polo que é considerada a precursora do libro electrónico.