Pasar al contenido principal

Axenda Feminista 8M

Táboa redonda ‘Muller e traballo: visión das nosas políticas’

Luns, 9 de marzo, ás 12.00 horas

Salón de Actos

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo acolle o acto conmemorativo do Día Internacional da Muller

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo celebrará o luns 9 de marzo, a partir das 12.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo, a táboa redonda ‘Muller e traballo: visión das nosas políticas’, promovida pola Comisión de Igualdade do centro universitario lugués que preside a profesora Ángeles Romero.

O decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga, será o encargado de presentar a sesión, que estará moderada pola xornalista luguesa María Guntín, e na que intervirán como relatoras a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Antía Ferreiro, a edil do PP Sagrario Sánchez e a tamén concelleira da corporación municipal por Ciudadanos, Olga Louzao.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2020.