Pasar al contenido principal

NerdNite

Insectos, microbioloxía e arqueoloxía africana na NerdNite de marzo

11.03.2020 | 21.00h

A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44)
Santiago

As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Esta iniciativa artéllase en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. 

Cartel da sesión
Cartel da sesión

A NerdNite correspondente ao mes de marzo desenvolverase o vindeiro mércores 11 e constará de tres relatorios sobre insectos, microbioloxía e arqueoloxía africana. A sesión desenvolverase a partir das 21.00 horas en A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44). 

J. Carlos Otero González, profesor de Zooloxía da USC, pronunciará o relatorio ‘Seis patas ten a vida’. A continuación, será a quenda do catedrático de Microbioloxía Jesús López Romalde, cuxa intervención leva por título ‘Na saúde e na enfermidade (e ata que a morte nos separe?)’. Finalmente, Sirio Canós Donnay, investigadora Marie Curie do Incipit-CSIC falará da arqueoloxía de Black Panther

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2020.