Pasar al contenido principal

Torneo

Clausura do ‘III Torneo Nacional BP Compostela’

07.03.2020 | 19.30h

A final será no Salón Nobre del Pazo de Fonseca e contará coa participación do reitor, Antonio López

Uxía Sánchez durante a final da Liga Interna de Debate académico. Noel Suárez
Uxía Sánchez durante a final da Liga Interna de Debate académico. Noel Suárez

O ‘III Torneo Nacional BP Compostela’, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da consellería de Medio Rural, e o Club Debate Compostela, convoca a 32 equipos de toda España en Santiago de Compostela. O evento terá lugar nos días 6 e 7 de marzo e o reitor, Antonio López, levará a cabo a clausura do encontro.

Dada a proximidade do 8M e o impulso feminista entre a xuventude, esta edición apostou por visibilizar e empoderar ás mulleres: o equipo encargado de asignar as mocións a debater está conformado por Paula Rodríguez, Sabrin Yermak, Carmen Sánchez e Elena Gillis, catro reputadas debatentes e xuízas de debate con ducias de galardóns nacionais e internacionais ás súas costas. 

Ademais, os espazos onde terán lugar os debates estarán bautizados cos nomes de mulleres galegas ilustres: Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Maruja Mallo, Emila Pardo Bazán, Exeria, Elisa e Marcela, as Marías, as irmás Fernández de la Vega...

Os equipos, conformados cada un por unha parella de debatentes, son membros de universidades de Madrid, Cataluña, Valencia, Asturias, Murcia e Galicia. Compiten no formato de debate parlamentario, máis coñecido polas siglas BP (British Parliament).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.03.2020.