Pasar al contenido principal

Concerto

Estrea de 'Transformacións' de Dorothé Schubarth

10.03.2020 | 20.00h

Paraninfo da Universidade
Santiago

O Paraninfo da USC acolle este martes 10 de marzo, ás 20.00 horas, un concerto singular no que se presentará en estrea absoluta a obra para cuarteto de corda, clarinete e percusión 'Transformacións', de Dorothé Schubarth. Esta etnomusicóloga e compositora suíza é quen, en 1984, xunto con Antón Santamarina, de elaborar o 'Cancioneiro Popular Galego', unha obra referente e emblemática en sete tomos de recollida, análise, clasificación e estudo da música tradicional galega.

Paraninfo da USC
Paraninfo da USC

No concerto haberá música a cargo do cuarteto Alicerce, ao cal se xuntan Alberto Aneiros co clarinete e Marcos Mato Collazo coa percusión, así como o zanfonista Germán Díaz e o frautista Cástor Castro. A poesía correrá a cargo de Lucía Cedrón e Carlos Rafael encargarase da narración.

En palabras da propia Dorothé “Transformacións é unha peza curta, sinxela. Como todas as músicas esvaece enseguida despois de ser tocada e só queda o pouco que gardamos na memoria. Por iso pensei que se debía executar dúas veces, e ademais quería darlle un acompañamento con poesía e música para frauta e zanfona. Textos e melodías entran en conversación coas Transformacións. E as melodías e fragmentos de melodías en transformación comunícanse entre si.” O concerto é de entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2020.