Pasar al contenido principal

Unha organización eficiente

Durante as pausas é aconsellable realizar sinxelos exercicios de relaxación visual
Durante as pausas é aconsellable realizar sinxelos exercicios de relaxación visual
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC recomenda manter unha xornada cun horario preciso e con recesos curtos e frecuentes
Lugo, Santiago de Compostela

Establecer un horario de traballo definido, incluíndo descansos periódicos, é unha das principais recomendacións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC (SPR). Nas sesións de teletraballo que o persoal da Universidade desenvolve por mor da crise do COVID-19 e o decreto de estado de alarma, deben introducirse pausas, sendo máis recomendables os recesos curtos e frecuentes que longos e escasos.

Durante as pausas é aconsellable realizar sinxelos exercicios de relaxación visual, así como alternar tarefas en caso de períodos intensos de utilización da pantalla. Establecer prazos realistas para levar a cabo as diferentes actuacións e comprobar periodicamente o seu cumprimento son outros dos consellos propostos polo SPR.

Procurar o benestar psicosocial

Vestirse para prepararse psicoloxicamente para empezar a traballar; comezar o día á mesma hora de chegada ao posto de traballo; cambiar de habitáculo dentro da casa para axudar a desfacer bloqueos mentais; ou interactuar telefonicamente con compañeiros/as de traballo, son pautas precisas para desenvolver unha actividade equilibrada no día a día.

Outros dos consellos que proporciona o Servizo de Prevención de Riscos Laborais son lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, usar panos desbotables, evitar contacto con persoas enfermas e manter unha correcta alimentación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2020.