Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias sobre COVID-19

'COVID-19: O virus e o seu potencial epidémico', impartida por Mª Isabel Bandín Matos e Carlos Pereira Dopazo

23.04.2020 | 18.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Imaxe representativa dun virus
Imaxe representativa dun virus

 Mª Isabel Bandín Matos e Carlos Pereira Dopazo, do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, ofrecerán este xoves unha charla sobre o potencial epidémico do COVID-19. Podes acceder á conferencia o xoves 23 de abril, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.

Ao remate da intervención dos expertos terá lugar  un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.

Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2020.