Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias 'COVID-19: Hoxe é o día despois'

'A intelixencia artificial tamén pode axudar no diagnóstico do COVID-19'

11.06.2020 | 19.00h

Videoconferencia en Zoom

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Zoom

Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay
Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay

O papel da intelixencia artificial no diagnóstico do coronavirus é o tema central desta conferencia, que contará coa participación de David Atienza, da Ecole Polytechnique Fédérale de Lausanne ( EPFL), Siham Tabik, da Universidade de Granada, e María José Carreira, do Grupo de Visión Artificial (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC- CiTIUS).

Esta videoconferencia gratuíta e aberta ao público require inscrición previa a través da plataforma Zoom. Podes formalizar a túa aquí.

O ciclo de encontros en liña 'COVID-19: Hoxe é o día despois' reunirá ao longo das próximas semanas expertos e expertas nacionais e internacionais para abordar temas relevantes no contexto da crise provocada polo COVID-19.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2020.