Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'

'E Hawking dixo, fágase a luz!', impartida por Alejandro Vilar

14.05.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE
Cartaz da videoconferencia. Foto: IGFAE

De onde vén todo o que vemos ao noso redor?. Fai un século esta pregunta quedaba fóra do dominio da física, mais os  avances científicos que se produciron nos últimos cen anos deron resposta a moitas preguntas referidas á orixe e evolución do Universo.

O investigador predoutoral do IGFAE, Alejandro Vilar, fará nesta charla unha breve introdución aos logros máis salientables desta fascinante empresa intelectual, e situará o papel que nela xogou Stephen Hawking. Podes seguilo en directo o xoves 14 de maio a partir das 16.00 horas facendo click aquí, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.

'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo', unha iniciativa do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, ten por obxectivo construir pontes desde a cidade Xacobea cara o resto do mundo, nun momento de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2020.