Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias sobre COVID-19

'Atallando as noticias falsas en tempos do COVID-19', impartida por Ángel Vizoso

19.05.2020 | 18.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay
Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay

Ángel Vizoso, do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, impartirá esta charla centrada nas 'fake news' durante a crise provocada polo COVID-19. A videoconferencia contará coa participación de Gloria García Vivero, estudante de 4º curso do Grao en Xornalismo, cuxo Traballo de Fin de Grao aborda a incidencia destas noticias. Poderase acceder á conferencia o martes 19 de maio, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.

Ao remate da intervención terá lugar  un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.

Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.05.2020.