Pasar al contenido principal

Aberta a convocatoria de axudas a publicacións en aberto 2020

Laboratorio da USC no CiMUS
O primeiro prazo de presentación de solicitudes remara o 31 de maio. Foto: Santi Alvite
O primeiro prazo de presentación de solicitudes remara o 31 de maio e busca impulsar a publicación en aberto nas máis prestixiosas publicacións do JCR, Scopus e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia
Lugo, Santiago de Compostela

Coa intención de impulsar a publicación en aberto nas máis prestixiosas publicacións do JCR, Scopus e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, a USC abre ata o 31 de maio, o primeiro prazo para solicitar axudas á publicación neste eido. Poderán solicitar este apoio económico os coordinadores dos grupos de investigación e co financiarase a factura correspondente á cota de edición dos artigos publicados ou aceptados sen financiamento previo entre o 1 de outubro de 2019 e o 21 de outubro de 2020. 

O importe das axudas será establecido pola Comisión de selección considerando un máximo a percibir por axuda de 4.000 euros. De ser necesario, esta Comisión poderá fixar unha porcentaxe de co financiamento ordenado para o conxunto das solicitudes tomando en consideración a relevancia e impacto da revista na área de coñecemento correspondente.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na convocatoria e deberán incluír o DOI correspondente ao artigo ou documento de aceptación e os datos da factura proforma correspondente ou da mesma xa pagada. O segundo prazo abrirase entre o 1 e o 21 de outubro de 2020, ambos os dous inclusive.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2020.