Pasar al contenido principal

Botan a andar as aulas con reforzo wifi

Cada persoa interesada poderá conectarse co seu propio equipo portátil. Foto: Santi Alvite
Cada persoa interesada poderá conectarse co seu propio equipo portátil. Foto: Santi Alvite
A USC pon a disposición do alumnado aulas en Lugo e Santiago con acceso á Rede para que poidan realizar as súas probas de avaliación
Lugo, Santiago de Compostela

O alumnado que o precise terá á súa disposición en toda Galicia un conxunto de aulas nas que co seu equipo portátil poderá conectarse con seguridade á Rede e realizar as súas probas de avaliación. Para facer uso delas so é preciso solicitalo con antelación.

En virtude a un acordo entre as universidades de Santiago e da Coruña, o alumnado de cada unha delas poderá utilizar  instalacións destas dúas institucións en función das súas necesidades. No caso das Aulas da USC, estarán dispoñibles na Sala Norvet da Facultade de Veterinaria de Lugo e na Sala de Lectura da Facultade de Dereito de Santiago. Na UdC, o alumnado poderá achegarse a calquera dos puntos de acceso nos campus de Riazor, Elviña ou Esteiro. Para realizar a reserva en calquera delas nas datas que fora preciso, as persoas interesadas so deben cubrir o conseguinte formulario.

Aulas da rede CeMIT

Estes espazos universitarios, súmanse á oferta de postos realizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), quen xunto coa FEGAMP e as propias universidades galegas poñen a disposición dos estudantado universitario as aulas CeMIT de diversos concellos para a realización das probas de avaliación. A información relativa aos concellos que dispoñen de aulas abertas e as instrucións para acceder a elas está dispoñible na web.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2020.