Pasar al contenido principal

Programa do STEMbach

STEMbach a fondo

Obxectivos

  • Promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria é tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • Favorecer unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica.
  • Facilitar no proceso de aprendizaxe do alumnado o desenvolvemento de competencias transversais como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global.
  • Mellora das detrezas comunicativas e expresivas (orais e escritas), tanto nas linguas cooficiais como nas linguas estranxeiras presentes na etapa educativa, con énfase na comunicación e divulgación científica.
  • Traballar en contextos que favorezan un pleno desenvolvemento das competencias dixitais.
  • Proporcionar unha relación máis estreita entre o profesorado e o alumnado co fin da elaboración de investigacións de xeito conxunto, facilitando unha apredizaxe do alumnado eficaz e cada vez máis autónomo.
Imaxe descritiva dos obxectivos

Características xerais

O bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, comprende dous cursos académicos que se corresponden co primeiro e segundo curso da etapa e terá unha duración mínima de dous cursos.

O alumnado que se incorpore a este bacharelato cursara, a todos os efectos, calquera das modalidades reguladas no artigo 29 do Decreto 86/2015 (Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais ou Artes), polo que se establece o curriculo de educacion secundaria obrigatoria e do bacharelato.

O principio metodolóxico do bacharelato STEMbach é fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de indagación e resolución de problemas, a través da realización dun proxecto de investigación. Deste xeito, o alumnado integrará como parte do seu desenvolvemento formativo competencias que lles permitirán elaborar, expoñer e argumentar de forma razoada estes traballos resultado dunha metodoloxía científica.

O alumnado que se incorpore a este bacharelato:

  • Cursará unha materia extracurricular relacionada co ámbito STEM, en 1º e 2º de bacharelato, que poderá basearse no afondamento dalgunha ou dalgunhas materias relacionadas con este ámbito ou ter un enfoque interdisciplinar, cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais (Carga lectiva semanal: 2 ou 3 horas)
  • Desenvolvera un proxecto de investigacion, no segundo curso do bacharelato, relacionado con calquera ambito de conecemento das materias cursadas no bacharelato.
  • Realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia; como conferencias, obradoiros ou proxectos (20 horas ao longo dos dous cursos).

O alumnado que obteña o título tras cursas este bacharelato, logo da avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro no que realizou os estudos correspondentes a este programa e farase constar no expediente académico do alumno.

Imaxe descritiva do programa

Proxecto de investigación

O STEMbach ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato. Os participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.

O proxecto de investigación será unha ferramenta de aprendizaxe útil para que o alumnado se inicie nas actividades de investigar, escribir e expoñer oralmente.

Poderá realizarse individual ou colectivamente, neste caso o número de participantes non será maior de 4.

Deberá estar co-dirixido por unha persoa docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e será titorizado polos docentes que impartan a materia de afondamento STEM. Os criterios de evaluación e cualificación basearanse no proceso, na memoria escrita e na exposición oral, que terá un peso do 30% da cualificación final.

A memoria escrita deberá ter una extensión máxima de 10.000 caracteres cos espaxos (sen contar anexos) no caso de ser individual e ata 20.000 si é colectivo e contarña cos seguintes apartados: portada, introdución, contextualización e xustificación da investigación realizada, materiais e métodos, resultados e conclusións (incluíndo unha reflexión sobre o proceso de investigación) e proposta de continuidade.

O alumnado realizará unha defensa do traballo en sesión pública e en período lectivo antes do día 1 de maio do curso académico. Nunha duración máxima de 15 minutos se expoñerá a labor realizada, a metodoloxía aplicada, o contido e as conclusións. A continuación, levarase a cabo un espazo de debate de ata outros 15 minutos para as cuestións que poda plantexar a comisión avaliadora.

A comisión avaliadora do traballo de investigación estará composta por a persoa directora do centro educativo ou persoa en quen delegue, a persoa coordinadora do programa no centro educativo e unha persoa do departamento ou entidade de investigación dependente dalgunha das Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia colaboradora no proxecto, diferente da persoa que co-dirixe o traballo.

Imaxe descritiva da investigación
Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2024.