Pasar al contenido principal

Conseguen fabricar nanoimplantes artificiais de longa vida que abren a porta a novas ferramentas biomédicas

Esta achega é froito da colaboración entre os equipos dirixidos polo catedrático José Luis  Mascareñas e o investigador Pablo del Pino no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). FOTO: Santi Alvite
Esta achega é froito da colaboración entre os equipos dirixidos polo catedrático José Luis  Mascareñas e o investigador Pablo del Pino no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). FOTO: Santi Alvite
Esta contribución pioneira pretende establecer as bases para a creación dunha nova xeración de nanorreactores que, debido á súa versatilidade e estabilidade, espérase que poidan ofrecer novas oportunidades no ámbito biomédico
Santiago de Compostela

Científicos da USC acaban de fixar un novo concepto baseado no desenvolvemento de tecidos catalíticos. Por primeira vez inseríronse nanoimplantes en modelos de tecidos  tumorais, capaces de activar moléculas externas de forma selectiva, durante polo menos unha semana. Esta achega é froito da colaboración entre os equipos dirixidos polo catedrático José Luis  Mascareñas e o investigador Pablo del Pino no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS).

“Como proba de concepto, neste traballo interdisciplinar propoñemos un novo  nanosistema híbrido formado por un núcleo metálico (paladio) e unha cortiza porosa baseada nunha rede metalo-orgánica (MOF, Metal-Organic Framework), que actúan de forma  sinérxica para transformar compostos químicos de forma selectiva e recorrente no interior de células e tecidos”, explica Pablo del Pino.

Esta contribución pioneira pretende establecer as bases para a creación dunha nova xeración de nanorreactores que, debido á súa versatilidade e estabilidade, espérase que poidan ofrecer novas oportunidades no ámbito biomédico. “Especificamente, o obxectivo final consiste en realizar nanoimplantes in vivo de sistemas con actividade  catalítica que poidan ser usados como factorías para xerar moléculas bioactivas de forma localizada”, engade o investigador da USC. Este traballo enmárcase nun proxecto colaborativo do CiQUS, financiado por múltiples axencias europeas, nacionais e autonómicas. A investigación acaba de ser publicada na revista Cell Reports Physical Science.

A investigación propón un novo nanosistema híbrido formado por un núcleo metálico (paladio) e unha cortiza porosa baseada nunha rede metalo-orgánica (MOF, Metal-Organic Framework)
A investigación propón un novo nanosistema híbrido formado por un núcleo metálico (paladio) e unha cortiza porosa baseada nunha rede metalo-orgánica (MOF, Metal-Organic Framework)
Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2020.