Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias sobre COVID-19

'COnVIDa-20: A pegada psicolóxica do confinamento en estudantes universitarios', impartida por Isabel Fraga

25.06.2020 | 12.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay
Imaxe representativa dun virus. Foto: Pixabay

A profesora Isabel Fraga será a responsable desta conferencia en liña sobre a pegada psicolóxica do confinamento nos estudantes universitarios. Estará acompañada polo equipo do proxecto 'COnVIDa-20', os investigadores Carlos Montes, Isabel Padrón, Estrella Romero e Lucía Vieitez, dos grupos de investigación da USC en Procesos Cognitivos e Conducta e UNDERISK. Poderase acceder á conferencia o xoves 25 de xuño, a partir das 12.00 horas, a través da seguinte ligazón.

Ao remate da intervención terá lugar  un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.

Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2020.