Pasar al contenido principal

Ciclo de conferencias 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo'

'Os tres primeiros minutos do Universo', impartida por Carlos Pajares

25.06.2020 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta videoconferencia pode verse en directo a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida da plataforma Microsoft Teams, e tamén estará dispoñible na canle de YouTube do IGFAE

Cartaz da xornada. Foto: IGFAE
Cartaz da xornada. Foto: IGFAE

Se o universo tivese 24 horas, a materia que compón todo o que nos rodea formouse en tan só os 3 primeiros minutos. Dende os quarks, gluóns e leptóns, as partículas máis elementais e únicas, ata a enorme diversidade das galaxias e cúmulos de galáxias, hai unha viaxe evolutiva de 13.800 millóns anos. O xoves 25 de xuño, ás 16.00 horas, o investigador do IGFAE e profesor da USC, Carlos Pajares, impartirá a charla en liña titulada 'Os tres primeiros minutos do Universo', para escrutar a natureza máis íntima da materia.

Con esta remata o ciclo online de charlas divulgativas 'Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo', organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo, da man do persoal investigador do IGFAE, que imparte charlas sobre distintos temas de física.

Podes seguir esta última conferencia do ciclo en directo na seguinte ligazón, ou máis tarde a través da canle de YouTube do IGFAE.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2020.