Organiza a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC en colaboración coa Asociación Empresarial do Tambre, o Consello Social da USC e a Universidade de Santiago de Compostela

A mesa redonda 'O mecenado na investigación universitaria' contará coa participación de Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC, Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da UVigo, Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Luz Ruibal, profesora de Dereito Financeiro e Tributario da USC, e Jesús L. Romalde, catedrático de Microbioloxía da USC.
Os presidentes do Tambre e Alumni USC, José F. Alborés e Benita Silva, darán a benvida ao acto, que será transmitido en directo por Internet coa posibilidade de participar no coloquio mediante un chat que se habilitará a tal efecto, e que estará moderado polo xornalista Manolo Fraga.
Só se poderá asistir de forma presencial confirmando asistencia no enderezo electrónico gerente [at] areaempresarialdotambre.com (gerente[at]areaempresarialdotambre[dot]com), cun aforo máximo de 50 persoas. Para rematar, servirase un viño galego para os asistentes. O evento terá lugar no salón de actos do Tambre o videiro mércores 1 de xullo ás 19.00 horas.
A mesa redonda poderá seguirse a través desta ligazón.