Pasar al contenido principal

Os proxectos de vangarda impulsados polos investigadores máis novos centran o primeiro obradoiro virtual do CiMUS

Esta edición do obradoiro conta ademais coa participación da profesora Ana Fernández- Sesma. FOTO: Santi Alvite
Esta edición do obradoiro conta ademais coa participación da profesora Ana Fernández- Sesma. FOTO: Santi Alvite
Esta edición contará coa conferencia maxistral da profesora Ana Fernández-Sesma do hospital Mount Sinaí de Nova York, especialista en microbioloxía e enfermidades infecciosas
Santiago de Compostela

A primeira edición virtual do obradoiro anual do  Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC abordará os días 20 e 27 deste mes, os avances máis significativos do traballo que desenvolven os investigadores máis novos deste centro singular da Universidade. Os descubrimentos máis relevantes en áreas como oncoloxía,  cardiometabolismo,  neurociencias, xenómica, descubrimento de fármacos ou medicina rexenerativa vertebrarán o programa do taller, configurado en base a diferentes seminarios e sesións de pósters presenciais durante toda a semana.

O actual contexto sanitario e social pon de manifesto unha vez máis a necesidade dunha maior alfabetización científica mundial, que só pode lograrse mediante a difusión de investigacións de vangarda. Este encontro do CiMUS, que camiña xa pola súa terceira edición, primeira en formato en liña, constitúe un escaparate para mostrar os resultados de diferentes investigacións e o talento novo deste centro. Grazas a enfoques interdisciplinarios para mellorar a saúde humana e o coñecemento científico e ao fomento de sinerxías entre os seus investigadores, este centro singular da USC aposta por un traballo sen fronteiras, aberto ao mundo, que contribúa a situar a ciencia biomédica  orixinada en Galicia no mapa global.

Conferencia maxistral

Esta edición do obradoiro conta ademais coa participación da profesora Ana Fernández- Sesma, cacereña que traballa nun dos centros máis prestixiosos do mundo, o Hospital  Mont Sinaí de Nova York. A especialista en  microbioloxía e enfermidades infecciosas será a encargada de impartir a conferencia maxistral do encontro.

Fernández- Sesma é licenciada en Bioloxía pola Universidade de Salamanca, realizou a súa tese na  Icahn School  of  Medicine do  Mount  Sinaí, en Nova York, e na actualidade dirixe un grupo de investigación neste mesmo centro que traballa sobre como os virus afectan ao sistema inmune das persoas. Está considerada unha das cinco mellores investigadoras de  microbioloxía financiada polo  NIH (National  Institutes  of  Health).

A súa intervención no taller do CiMUS centrarase en explicar o estudo das estratexias que usan distintos virus que causan enfermidades en humanos para evadir as barreiras  inmunolóxicas. Entendendo esas estratexias desvélanse os pasos cruciais que os virus teñen que tomar para evadirse desas barreiras e así poder deseñar fármacos que poidan afectar eses procesos e tamén vacinas. Os virus abordados serán o dengue, a gripe, o virus  Chikungunya e recentemente o  SARS-CoV-2, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2020.