15.12.2020 | 20.30h
Música de cámara de Ludwig van Beethoven (1770-1827) no 250 aniversario do seu nacemento

'Outras músicas de cámara. Septimino e Serenata para frauta, violín e viola', co profesorado e alumnado da Orquestra da USC, forma parte do ciclo de concertos de música de cámara de Ludwig van Beethoven, que pretende homenaxear o 250 aniversario do seu nacemento.
A entrada é de balde, mais segundo os protocolos COVID-19, as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza mandando un correo electrónico a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es), indicando o seu nome, apelidos e teléfono, dende unha semana antes do concerto ata a mañá do concerto ás 12.00.