Pasar al contenido principal

O VII premio internacional APECSA 2019 de Divulgación do Camiño de Santiago recoñece as universidades de Santiago e Cagliari

Convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago, esta edición do premio está dedicada in memorian a Segundo Vázquez Portomeñe
Santiago de Compostela

O xurado do VII premio internacional APECSA 2019 de Divulgación do Camiño de Santiago acaba de conceder por unanimidade este galardón ás universidade de Santiago de Compostela e Cagliari (Cerdeña), ex aequo. Convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), esta edición do premio está dedicada in memorian a Segundo Vázquez Portomeñe.

Á Universidade de Santiago de Compostela, o xurado outorgoulle este recoñecemento pola realización, no marco da súa Universidade de Verán, do curso Leccións Xacobeas Internacionais, dirixido polos profesores Miguel Taín Guzmán e Domingo L. González Lopo. Tratase dun curso de estudo e divulgación das investigacións de temática xacobea desenvolvidas nesta Universidade e noutros centros de investigación internacionais.

Á Universidade de Cagliari, pola tradución ao italiano do libro Elías Valiña. El valedor del Camino (1959-1989), proxecto docente realizado dentro do máster de Traduzione Specialistica dei Testi, da Facultade de Studi Umanistici desta Universidade e implementado, no curso 2017-2018, baixo a dirección da profesora Daniela Zizi, do departamento de Lettere, Lingue e Beni Culturali.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2019.