Pasar al contenido principal

Presentación do programa de Desafíos empresariais con perspectiva de xénero

Esta é unha iniciativa para promover a incorporación da perspectiva de xénero e a promoción da igualdade entre grupos empresarias galegos
Lugo, Santiago de Compostela

Unha xornada de debate este venres 8 no Consello Social da USC servirá de acto de presentación do programa de Desafíos empresariais con perspectiva de xénero. É unha iniciativa lanzada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Universidade de Santiago a través do seu programa Woman Emprende para promover a incorporación da perspectiva de xénero e a promoción da igualdade entre grupos empresarias galegos. Os Desafíos desenvolverase baixo o formato dun concurso aberto ao estudantado de grao e posgrao da USC que deberá propor respostas con aval científico e académico a desafío presentados dende a empresa. Neste primeira edición da convocatoria será o grupo Nueva Pescanova quen formulará o desafío.

A xornada na que se presentarán os detalles do programa celebrarase este venres 8 a partir das 10.30 horas na sede do Consello Social da USC (rúa da Conga, 1) nun acto no que participarán a presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra Rey; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o director corporativo de RSC e Relacións Institucionais do grupo Nueva Pescanova, Ángel Matamoro Irago; e a subdirectora xeral de Promoción da Igualdade da Secretaría Xeral de Igualdade, Aurora Patiño Doval.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2019.