Pasar al contenido principal

II Seminario 'Educacións en prisión. Sinerxías de acción educativa'

'Educacións en prisión para a reinserción? Posibilidades e dificultades'

30.09.2020 | 17.00h-19.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Esta iniciativa forma parte do Plan de Animación Sociocultural en Prisión do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), coordinado pola Asociación Aliad Ultreia e o Grupo de investigación SEPA-interea da USC

Cartel do seminario
Cartel do seminario

'Educacións en prisión para a reinserción? Posibilidades e dificultades' é o relatorio que abre a II edición do Seminario 'Educacións en prisión. Sinerxías de acción educativa', e será impartido pola profesora Fanny Añaños Bedriñana, da Universidade de Granada. Como parte da inauguración, tamén intervirá neste encontro en liña a vicerreitora de Organización Académica Celia Besteiro.

Nesta segunda edición focalízase na potenciación de sinerxías no desenvolvemento de procesos educativos favorecedores da reinserción social da poboación reclusa, posto que o escenario xeral non amosa evidencias satisfactorias da capacidade re-educativa dos centros penitenciarios.

O obxectivo é, polo tanto, a reivindicación do valor máximo da educación para a reinserción, así como do recoñecemento das entidades que desenvolven o seu traballo nas prisións galegas e a necesidade de consolidar unha rede que as fortaleza.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2020.