Pasar al contenido principal

Seminario Permanente de Comunicación e Xénero

CO(M)XÉNERO 4: 'Contra a desmemoria'

19.10.2020-20.10.2020 | 16.30h

Facultade de Ciencias da Comunicación
Auditorio

Seminario organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC co financiamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

Cartel do seminario
Cartel do seminario

Baixo o título 'Contra a desmemoria', a cuarta sesión do CO(M)XÉNERO abre as portas á reflexión sobre a autoría feminina, sobre a necesidade de apoderamento do relato e a importancia da diversidade de ollares na construción de representacións e discursos interculturais.

O seminario está dirixido a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar, dende unha lectura crítica, os medios e as industrias culturais e creativas.

De cara ao cumprimento das medidas de seguridade e hixiene sanitarias esixidas polas autoridades, limítase a 60 o número de prazas presenciais dispoñíbeis. A inscrición é de balde e está aberta ata o 16 de outubro. As persoas matriculadas poderán seguir o evento tanto de maneira presencial como en streaming.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2020.