Pasar al contenido principal

Resoltos os XVI Premios á calidade lingüística na modalidade de traballos académicos

Os galardóns serán entregados oficialmente nun acto académico que se desenvolverá a principios do vindeiro ano. FOTO: Santi Alvite
Os galardóns serán entregados oficialmente nun acto académico que se desenvolverá a principios do vindeiro ano. FOTO: Santi Alvite
Ao certame concorreron nove propostas, “todas cunha clara demostración de habilidades comunicativas e competencia lingüística en galego”, tal e como concluíu o xurado
Lugo, Santiago de Compostela

O xurado dos Premios á calidade lingüística que pretenden fomentar entre o alumnado, a cultura da calidade ligada ao uso do galego, acaba de dar a coñecer os nomes dos gañadores correspondentes á XIV edición do certame. Na primeira das modalidades, a dos traballos académicos de grao, concorreron nove propostas, “todas cunha clara demostración de habilidades comunicativas e competencia lingüística en galego”, tal e como concluíu o xurado. 

Na Área de Ciencias da Saúde foron premiados ex-aequo os traballos Realidade virtual en medicina paliativa e xeriatría de Adrián Santiago López Caamaño, de cuarto curso do Grao en Medicina; e A farmacopea en Al-Andalus: O de Materia Médica de Dioscórides: traducións e influencias de Luís Melián Rodríguez, pertencente ao terceiro curso do Grao en Medicina

En Ciencias Sociais e Xurídicas, foi premiado O auxe dos populismos: unha análise dende os suxeitos que interveñen nas decisións do sector público de Andrés Vázquez García, alumno de primeiro curso do Grao en Dereito. Finalmente, Unha aproximación á paisaxe lingüística da vila de Porto do Son, de Rubén Ventoso Martínez, pertencente ao terceiro curso do Grao en Lingua e Literatura Galega foi o traballo recoñecido en Artes e Humanidades.

Estes galardóns aspiran a promover nos estudantes o desenvolvemento dunha habilidade comunicativa como é a presentación axeitada dun traballo dende o punto de vista formal, o que abrangue aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño, ou a coherencia, en lingua galega. Cada un dos gañadores/as recibirá 150 euros e o correspondente diploma acreditativo.

Os galardóns serán entregados oficialmente nun acto académico que se desenvolverá a principios do vindeiro ano, no cal tamén se fará entrega dos premios á calidade nas outras dúas modalidades, Traballo Fin de Máster e Traballo Fin de Grao/Proxecto Fin de Carreira, cuxo prazo de presentación de candidaturas rematou o pasado 30 de setembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2020.