Organiza a Cátedra Iberoamericana da USC no marco da Axenda 2030

O vindeiro mércores 21 de outubro, ás 17.00 horas (hora española) terá lugar a videoconferencia 'A UE e América Latina: as transformacións en marcha', enmarcada no ciclo 'Conversas Iberoamericanas'.
O encontro contará con Fernando González-Laxe, ex-presidente da Xunta de Galicia e catedrático de Economía na UDC, que impartirá a conversa titulada 'As cadeas globais de valor despois da COVID-19: transformacións en marcha'; con Ana Varela, directora financeira e de orzamentos da OCDE, a cargo da charla 'Latinoamérica: transformación dixital para unha mellor recuperación'; e con Maria Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana, que intervendrá como moderadora.